jueves, 25 de febrero de 2016

jueves, 18 de febrero de 2016

TABLETS NA AULA DE INGLÉS

Na aula de inglés tamén queremos que as tablets estén presentes nas diferentes tarefas de aula. Normalmente utilizámolas para crear o noso produto final dentro dunha tarefa,  outras veces usámolas como recurso para reforzar contidos curriculares nun momento puntual. ou simplemente como medio de consulta ou de busca de información.

Estes son algúns uns exemplos de actividades que levamos a cabo neste trimestre.

Poster interactivo dos meses do ano (alumnado 3º de Primaria)

APPS: Piccollage e Thinglink
Esta actividade foi o produto final do tema do mes "Os meses do ano".
1ª sesión: diseño e debuxo do mes (chuvia de ideas sobre que festividades, acontecementos ou hábitos que marcan cada mes, reparto dos meses, planificar o diseño). Os debuxos xa foron feitos en formato cadrado para que coincidiran ben coa plantilla de Piccollage.
2ª sesión:  decidir sobre que meses formarían parte do Póster dixital e cales do "Poster analóxico", xa que había máis alumnado que meses. Montaxe dos dous tipos de Posters (cada neno un mes)
3ª e 4ª sesión: diseñamos o texto que queríamos introducir en cada mes en formato vídeo. Nesta ocasión son os nenos do póster dixital os que van saír no vídeo e os outros graban.


Tomorrow, I'm going to... (alumnado 6º curso)

APP: Foto Comic
Nesta ocasión as tablets serviron para aprender dunha maneira máis divertida unha estructura coa cal tiñamos certos problemas. Foi unha actividade rápida e sinxela.
1ª sesión: Pensar e escribir o noso plan futuro. Crear a imaxe con Foto Comic en parellas.
2ª sesión: Proxección das imaxes e comentario das frases creadas e dos erros cometidos tanto a nivel lingüístico como de diseño (orientación da tablet ao sacar a foto, iluminación, distancias...)



Vídeo sobre o día da Paz

APP: imovie
Durante as sesións previas ao día da Paz o alumnado de sexto levou a cabo unha serie de  actividades centradas na canción "Imagine" de John Lennon. Estas actividades culminaron cun traballo que implicou a participación de todo o alumnado do colexio. O mesmo día da celebración do día da Paz e durante a hora do recreo os nenos cargados coas tablets (6 tablets, 6 grupos) e carteis, elaborados na sesión de plástica, percorreron o colexio invitando a amgos, irmáns ou simplemente compañeiros doutros cursos a saír na súa foto. Grazas a toda esta colaboración o resultado foi fantástico.
As fotos foron feitas por eles pero a montaxe final  foi feita pola mestra con imovie,





martes, 16 de febrero de 2016