jueves, 26 de mayo de 2016

martes, 24 de mayo de 2016







 TAREFA PRIMEIRO PRIMARIA





                                                           AS PLANTAS TAMÉN BEBEN.



Tarefa realizada por primeiro primaria na que aproveitando o tema condutor do centro este ano" A ciencia "  e a apertura do laboratorio, fixeron un experimento para comprobar as diferentes funcións das plantas como seres vivos e de como absorbían líquidos.

O produto final foi un mural dixital, cos diferentes pasos do experimento, que forma parte da revista do colexio e publicouse na páxina web do centro, para compartir coas familias.

Para facer o experimento fixeron as seguintes actividades:
        -Distinguir seres vivos de inertes.
        -Visualización e comprobación do ciclo vital das plantas e as súas partes en distintos soportes                        ( vídeos, fichas, plantas naturais ).
       - Facer un experimento comprobando a absorción de líquidos de diferentes cores polas plantas.
       - Sacar fotos coa tablet  e compoñer o mural dixital coa APP MOLDIV,  na tablet. 






                                                 

                                

sábado, 21 de mayo de 2016

PALABRAS ESCRITAS, PALABRAS FALADAS.


Tarefa:
Creación de material de aula, caderno escrito e dixital para traballar co autor Manuel María, homenaxeado nas letras gallegas 2016, añadimos un código QR  para o aumento da información do autor, os cadernos realizados quedarán na biblioteca do centro e da aula.

A primeira actividade foi, elexir algúns dos poemas do autor cos libros proporcionados dende biblioteca, escribir o elixido e facer un debuxo referido ao poema, todo para compoñer un caderno escrito.

A segunda actividade foi escribir eses poemas co programa Word na sala de ordenadores do centro, por equipos de 4 ou 5 persoas. O escrito no Word, editouse na APP FLOWVELLA coas tablets que temos emprestadas, polo CEFORE de Vigo.

A terceira actividade consistíu en que o alumnado gravase coa tablet os vídeos , lendo ou recitando os poemas, para incrustalos na APP Flowvella.

Rematamos o traballo creando  o libro escrito cos nosos poemas e o levamos a responsable da biblioteca como agasallo das letras galegas ao resto do alumnado, o caderno interactivo o deixamos no blogue de segundo curso, como recurso didáctico na práctica da lectura e escritura do galego.

Por último creouse un código QR para enlazar o noso traballo a páxina do Museo Manuel María, e ter así, máis información do autor.

A tarefa levounos 6 sesións, fixemos traballo en equipo e individual; os recursos didácticos foron: 
Libros Manuel María.
Tablets. ( Flowvella, vídeo,Bidi, lector de QR)
Ordenadores.( Word )





View on FlowVella - Presentation Software for iPad and Macy







viernes, 20 de mayo de 2016

TAREFA: Un libro de adiviñas

Desde a aula de inglés decidimos facer un libro de adiviñas sobre os bichiños que abundan nos campos do arredor, os "minibeasts".

O obxectivo era practicar as descricións de animais atendendo ao seu tamaño, cor, partes do corpo, e a como se desprazan. O que nos levou a decidir facer un libro de adiviñas sobre animaliños que iamos donar a biblioteca do centro para que que todo o alumnado tivera acceso a él,

Curso: 4º de Primaria
Sesións: 8 sesións

Tivemos que tomar decisións en canto os "minibeasts" que iamos elixir e como os iamos describir. Debuxamos e construímos as nosas adiviñas guiándonos por la informaición aportada por outros libros e pola internet.



Puxémolas en práctica na aula para valorar a súa funcionalidade, axudados pola nosa auxiliar de conversa Anna.

Construímos o noso libro: recortando, coloreando, medindo,  escribindo, pegando...



Diseñamos a portada por grupos utilizando as APPs MOLDIV e PICSART, e decidimos cal sería a definitiva por votación.








Finalmente elaboramos un vídeo  presentando o libro, co fin de publicalo na web e blogues do centro, co obxectivo de darlle promoción, de maneira que o resto do alumnado coñecese a súa existencia.


jueves, 19 de mayo de 2016

PERSONAXES DE CONTO

Libro sobre personaxes de conto feito polos nenos e nenas de Terceiro de Primaria dentro da aula de inglés.

Fixeron dúas versións, unha feita a man para a biblioteca de aula, e outra dixital feita coa tablet usando a APP "Explain Everything".