Estes son algúns uns exemplos de actividades que levamos a cabo neste trimestre.
Poster interactivo dos meses do ano (alumnado 3º de Primaria)
APPS: Piccollage e Thinglink
Esta actividade foi o produto final do tema do mes "Os meses do ano".
1ª sesión: diseño e debuxo do mes (chuvia de ideas sobre que festividades, acontecementos ou hábitos que marcan cada mes, reparto dos meses, planificar o diseño). Os debuxos xa foron feitos en formato cadrado para que coincidiran ben coa plantilla de Piccollage.
2ª sesión: decidir sobre que meses formarían parte do Póster dixital e cales do "Poster analóxico", xa que había máis alumnado que meses. Montaxe dos dous tipos de Posters (cada neno un mes)
3ª e 4ª sesión: diseñamos o texto que queríamos introducir en cada mes en formato vídeo. Nesta ocasión son os nenos do póster dixital os que van saír no vídeo e os outros graban.
Tomorrow, I'm going to... (alumnado 6º curso)
APP: Foto Comic
Nesta ocasión as tablets serviron para aprender dunha maneira máis divertida unha estructura coa cal tiñamos certos problemas. Foi unha actividade rápida e sinxela.
1ª sesión: Pensar e escribir o noso plan futuro. Crear a imaxe con Foto Comic en parellas.
2ª sesión: Proxección das imaxes e comentario das frases creadas e dos erros cometidos tanto a nivel lingüístico como de diseño (orientación da tablet ao sacar a foto, iluminación, distancias...)
Vídeo sobre o día da Paz
APP: imovie
Durante as sesións previas ao día da Paz o alumnado de sexto levou a cabo unha serie de actividades centradas na canción "Imagine" de John Lennon. Estas actividades culminaron cun traballo que implicou a participación de todo o alumnado do colexio. O mesmo día da celebración do día da Paz e durante a hora do recreo os nenos cargados coas tablets (6 tablets, 6 grupos) e carteis, elaborados na sesión de plástica, percorreron o colexio invitando a amgos, irmáns ou simplemente compañeiros doutros cursos a saír na súa foto. Grazas a toda esta colaboración o resultado foi fantástico.
As fotos foron feitas por eles pero a montaxe final foi feita pola mestra con imovie,
No hay comentarios:
Publicar un comentario