TAREFA PRIMEIRO PRIMARIA
AS PLANTAS TAMÉN BEBEN.
Tarefa realizada por primeiro primaria na que aproveitando o tema condutor do centro este ano" A ciencia " e a apertura do laboratorio, fixeron un experimento para comprobar as diferentes funcións das plantas como seres vivos e de como absorbían líquidos.
O produto final foi un mural dixital, cos diferentes pasos do experimento, que forma parte da revista do colexio e publicouse na páxina web do centro, para compartir coas familias.
Para facer o experimento fixeron as seguintes actividades:
-Distinguir seres vivos de inertes.
-Visualización e comprobación do ciclo vital das plantas e as súas partes en distintos soportes ( vídeos, fichas, plantas naturais ).
- Facer un experimento comprobando a absorción de líquidos de diferentes cores polas plantas.
- Sacar fotos coa tablet e compoñer o mural dixital coa APP MOLDIV, na tablet.
No hay comentarios:
Publicar un comentario