sábado, 21 de mayo de 2016

PALABRAS ESCRITAS, PALABRAS FALADAS.


Tarefa:
Creación de material de aula, caderno escrito e dixital para traballar co autor Manuel María, homenaxeado nas letras gallegas 2016, añadimos un código QR  para o aumento da información do autor, os cadernos realizados quedarán na biblioteca do centro e da aula.

A primeira actividade foi, elexir algúns dos poemas do autor cos libros proporcionados dende biblioteca, escribir o elixido e facer un debuxo referido ao poema, todo para compoñer un caderno escrito.

A segunda actividade foi escribir eses poemas co programa Word na sala de ordenadores do centro, por equipos de 4 ou 5 persoas. O escrito no Word, editouse na APP FLOWVELLA coas tablets que temos emprestadas, polo CEFORE de Vigo.

A terceira actividade consistíu en que o alumnado gravase coa tablet os vídeos , lendo ou recitando os poemas, para incrustalos na APP Flowvella.

Rematamos o traballo creando  o libro escrito cos nosos poemas e o levamos a responsable da biblioteca como agasallo das letras galegas ao resto do alumnado, o caderno interactivo o deixamos no blogue de segundo curso, como recurso didáctico na práctica da lectura e escritura do galego.

Por último creouse un código QR para enlazar o noso traballo a páxina do Museo Manuel María, e ter así, máis información do autor.

A tarefa levounos 6 sesións, fixemos traballo en equipo e individual; os recursos didácticos foron: 
Libros Manuel María.
Tablets. ( Flowvella, vídeo,Bidi, lector de QR)
Ordenadores.( Word )





View on FlowVella - Presentation Software for iPad and Macy







No hay comentarios:

Publicar un comentario